“A oportunidade dun debate a fondo cos mariñeiros: a nova Lei de Pesca Sustentable” Antón Luaces

A Ley de Pesca Marítima del Estado vai ter remuda en pouco tempo, unha vez que o Consello de Ministros xa aprobou o pasado 1 de xuño o anteproxecto de lei de Pesca Sustentable e Investigación Pesqueira para contribuir á conservación dos recursos pesqueiros, pór en valor a función socioeconómica da pesca no territorio e estreitar o vínculo entre ciencia e política pesqueira para racionalizar o marco normativo .
Con esta futura lei, o Goberno tenta actualizar a lexislación vixente para dar resposta aos novos retos ambientais, sociais e económicos, así como apostar pola modernización, transparencia e seguridade xurídica do sector pesqueiro .Para o ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación, Luis Planas, o anteproxecto de lei é “un paso avante definitivo desde o punto de vista da sustentabilidade do sector pesqueiro nunha tripla dimensión: ambiental, económica e social” . E sigue o ministro: “.. a sustentabilidade é necesaria para manter os recursos que permiten a actividade pesqueira; a económica para facela rendible; e a social para o mantemento das comunidades costeiras ao longo dos case 8.000 quilómetros de litoral do noso país”..A pesca é unha actividade económica garante da seguridade alimentaria que desempeña unha función clave na vertebración das comunidades costeiras, cun baixo impacto na pegada do carbono . O devandito anteproxecto disque ten en conta a tradición e importancia da actividade pesqueira da frota española e do comercio de produtos da pesca, coa existenza de rexións  moi dependentes destas actividades, nas que se configurou un sector económico de gran trascendencia no conxunto da economía nacional ata do ano 2001, non abonda para dar resposta aos trocos que durante dúas décadas se teñen producido no sector pesqueiro, polo que, segundo o Ministerio, é necesario actualizar a regulación e adaptala á realidade. Aínda que, en principio, había certa desconfianza sobre o papel que o Ministerio -máis concretamente, a Secretaría Xeral de Pesca- reservaba parea o sector,  o certo é que o texto xa foi trasladado aos representantes da patronal CEPESCA  e máis as confrarías de pescadores, para comezar o debate sobre o seu contido. A partir de agora, o texto vai ser sobmetido a información pública e tamén se realizarán consultas co sector pesqueiro, organismos científicos e outros representantes da sociedade.Previamente, segundo confirma o Ministerio que dirixe Luis Planas, xa houbo contatos informais realizados co sector “para coñecer as súas opiniòns e preocupacións no proceso de redacción do anteproxecto”.