A Deputación apoia os museos da nosa comarca con contratacións de persoal

02 Xuño 2021

A área de Cultura da Deputación da Coruña vén de confirmar que 32 concellos da provincia contratarán persoal de museos con financiamento da entidade provincial. Serán, en total (posto que seis dos concellos presentaron dúas solicitudes), 38 contratos, destinados a “contribuír á profesionalización dos centros culturais municipais”. A liña conta cun orzamento de 382.929 euros. No caso da nosa comarca, atópanse os Centro de Interpretación do Muíño das Mareas de Muros, do Castro de Baroña en Porto do Son, das Minas de San Finx en Lousame ou a Casa Museo Manuel Antonio en Rianxo, o Museo da Memoria Mariñeira no Son ou o Museo Municipal de Ribeira, entre outros da nosa contorna (que se poden consultar no BOP deste 1 de xuño).

O responsábel da área de Cultura da Deputación, Xurxo Couto

Os concellos que presentaron dúas solicitudes para dotar de persoal a dous centros culturais dos seus termos municipais foron Camariñas, Muros, Oleiros, Porto do Son, Rianxo e Ribeira.

“Con esta convocatoria queremos colaborar cos concellos na xestión máis profesional de centros culturais como museos ou centros de interpretacións que son, en moitas ocasións, verdadeiros focos de atención cultural e recursos turísticos de especial relevancia”, explicou o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto, engadindo que “esta liña de axuda súmase á de persoal técnico de xestión e animación sociocultural que contribúen á creación do emprego no sector e á mellora na personalización da cultura, un dos obxectivos da área de Cultura da Deputación da Coruña”.

Os concellos recibirán, segundo a resolución que sae hoxe 1 de xuño publicada no BOP, axudas que van desde os 15.000€ aos 4.907€.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...