A campaña da nécora e o bogavante comeza este xoves 1 de xullo

30 Xuño 2021

A extracción da nécora e do lumbrigante ábrese este xoves 1 de xullo en toda Galicia e prolongarase ata o 5 de xaneiro de 2022 no caso da nécora e ata o 31 de marzo do próximo ano no caso do lumbrigante. Trátase dos períodos autorizados de acordo co recollido no Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023.
En canto á nécora, as medidas de xestión para a súa explotación desenvólvense na resolución pola que se aproba o plan experimental para a xestión desta especie e do camarón coa arte de nasa nécora e camarón. A vixencia deste plan, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG), abrangue desde este xoves 1 de xullo ata o 30 de xuño de 2023.


Na resolución pola que se aproba o plan fíxanse cuestións como o número de nasas permitido segundo o tamaño da embarcación e o número de tripulantes enrolados e a bordo ou o horario de lance de nasa nécora e camarón, que será nocturno salvo algunhas excepcións nas rías de Arousa e Vigo, nas que o calamento tamén poderá ser diúrno. Estes dous horarios -nocturno e diúrno- serán excluíntes entre eles. A resolución establece tamén que as nasas para a captura de nécora e camarón deberán ser levantadas e levadas a porto diariamente unha vez cumprido o horario de traballo.
De acordo co Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o período 2021-2023, a veda da nécora en 2022 prolongarase entre o 6 de xaneiro e o 30 de xuño mentres que no caso do lumbrigante a prohibición da súa captura estenderase do 1 de abril ao 30 de xuño

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...