A Asociación de Empresarios de Ribeira felicita a todos os cidadáns, empresas e administracións que se implicaron na Fashion Show e na Feira do Automóbil

01 Xuño 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira, a través do seu presidente Francisco Martínez Gude, emitiu un comunicado referente á celebración de dous eventos de gran importancia para a reactivación económica da localidade e da súa contorna: a primeira edición da pasarela Ribeira Fashion Show, e máis a segunda convocatoria da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, que se celebrou esta fin de semana na praza de España mostrando as importantes novidades dos concesionarios locais en materia de vehículos sustentábeis e limpos.

O alcalde Manuel Ruiz visitando a Feira do Automóbil Eléctrico

“Dende a asociación que presido, queremos agradecer a todos e cada un dos participantes a súa parte correspondente do éxito acadado polos dous eventos celebrados este fin de semana, así como felicitar ao Concello, sen cuxo apoio sería imposible a súa materialización”, sinala no comunicado o presidente da patronal ribeirense, poñendo o foco, a maiores, en felicitar a implicación persoal do alcalde Manuel Ruiz Rivas así como das Concellerías de Comercio e Cultura, da Policía Local e de Protección Civil “polo magnífico labor levado a cabo”.

Un intre da Fashion Show

E engade o comunicado: “Non podemos esquecer ao persoal da nosa Asociación que tantas horas lle adicou ao desenvolvemento de ambos os eventos. Queremos ademais, felicitar a todos e cada un dos comercios que participaron demostrando que Ribeira ten un tecido empresarial inmellorable, e agradecer tamén ao público tanto pola súa asistencia como polo seu comportamento, xa que as limitacións da pandemia non nolo puxeron fácil”.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde

A Asociación de Empresarios de Ribeira tamén agradeceu “o esforzo dos expositores que contribuíron a dar gran realce ao II Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico, traendo a Ribeira as súas primicias para o deleite do público asistente”.

E conclúen: “Esperemos que, como dicía o slogan, podamos seguir avanzando xuntos para a repetición destes e outros eventos todos da man, Concello, asociacións, expositores e cidadanía de Ribeira e comarca”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...