Xoves con sol e temperatura en ascenso. Chuvieiras cara a noite

19 Maio 2021

O xoves Galicia permanecerá na influencia das altas presións con entrada de aire cálido desde o sur peninsular. Así, os ceos estarán despexados ou con intervalos de nubes de tipo alto. Á noite chega unha fronte fría que deixará os ceos cubertos, con chuvias no noroeste. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso. O vento soprará frouxo, de compoñente oeste en xeral.

O NOSO MAR: Vento do noroeste, forza 1 a 3 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar05:161.3 m
Preamar11:342.8 m
Baixamar17:321.5 m
Preamar23:563.0 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar05:071.4 m
Preamar11:272.8 m
Baixamar17:251.5 m
Preamar23:473.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar05:111.3 m
Preamar11:322.8 m
Baixamar17:311.5 m
Preamar23:523.0 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...