Venres con calor e nubes e claros

Aínda continuando baixo influencia anticiclónica, aumenta lixeiramente a inestabilidade atmosférica durante o venres. Deste xeito, teremos ceos con intervalos de nubes e claros, con posibilidade dalgún chuvasco localmente treboento, máis probable nas zonas altas do leste. Na franxa costeira formaranse brétemas, máis mestas cara á noite no litoral da provincia da Coruña. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos, do noroeste en xeral.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 1 a 2 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar06:053.8 m
Baixamar12:100.5 m
Preamar18:263.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar05:573.8 m
Baixamar12:010.6 m
Preamar18:173.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar06:023.8 m
Baixamar12:050.5 m
Preamar18:223.9 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)