Última hora:Incendio na factoria de Jealsa na planta de conxelado

08 Maio 2021

Pasadas as 2. 20 da tarde rexistrouse un incendio na factoria de Jealsa en Boiro. Unidades do Parque de bombeiros e da Policía Local de Boiro están no lugar que afecta á cámara de conxelado.


Un incendio nas instalacións da empresa de conservas Jealsa en O Bodión, en Boiro, mobilizou un amplo despregamento de medios para tentar sufocar as chamas. A intensa fumareda, é perceptible en toda a ría de Arousa.

Incendio de Jealsa visto desde Vilagarcía. JOFERPA

O lume comezou cara ás dúas e media da tarde, ao parecer na cámara de conxelado, segundo nos explicou o alcalde, José Ramón Romero. O vento está a levar o lume cara á zona de Agueiros.

Remitido

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.