Stop Deshaucios advirte da difícil situación dunha familia de Ribeira tras unha débeda contraída cun prestamista particular

12 Maio 2021

A plataforma Stop Deshaucios Ribeira que coordina o noso colaborador José Manuel Pena vén de informar da complexa situación na que se atopa unha familia de Ribeira, que recibiu unha execución hipotecaria a través do Xulgado nº1 da localidade, por unha débeda contraída cun prestamista particular. A familia solicitou a asistencia xurídica gratuíta, séndolle concedido un avogado de Boiro, para poder presentar a correspondente oposición. Stop Deshaucios engade que no seu día puxeran como aval do préstamo persoal a propia vivenda habitual, agora poderían chegar a perder senón afrontan o pago da débeda.

Trátase dunha familia monoparental, cun fillo a cargo, e cuxos únicos ingresos familiares son de 360 euros mensuais, procedentes dunha prestación de incapacidade permanente total.

A plataforma engade que o avogado boirense está a preparar o correspondente escrito de oposición baseándose na solicitude de suspensión do procedemento pola situación da pandemia do COVID así como a propia nulidade das actuacións “por existir cláusulas abusivas no propio contrato da concesión do préstamo, que podería entrar nas prácticas da usura”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...