Seis estudantes de Noia participan no proxecto As aventuras de Luli

04 Maio 2021

O Concello de Noia vén de informar da posta en marcha dunha iniciativa docente, lúdica e tecnolóxica directamente encamiñada ao desenvolvemento da rapazada e fomentar hábitos saudábeis. Trátase de As aventuras de Luli, un proxecto impulsado por un grupo de alumnos do Grao en Mestre de Educación Infantil da USC (45 mozas e mozos) no que participan 6 estudantes noieses.

A súa proposta consiste nunha serie de 14 vídeos, que soben cada semana á sua páxina de Facebook (e tamén a Instagram e Youtube), nos que os rapaces deberán axudar á mascota, chamada Luli, a superar as probas que se propoñen en cada localización dun mapa máxico. Desta forma, lograrán unha chapa ou insignia en cada lugar no que superen o reto.

Implicación das familias

Nestas pezas audiovisuais participan activamente (axudando á mascota) nenas e nenos de entre 0 e 6 anos. Serán as propias familias, as que a partir dun modelo presentado nas redes sociais poidan elaborar as súas propias chapas ou insignias, segundo explica o profesor Javier Rico, un dos impulsores desta iniciativa xunto co profesor Geno Rodríguez, e que botou a andar este 29 de abril da man da Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos (Arcostilos), así como da Rede de Centros Socioculturais de Santiago de Compostela. O proxecto está tamén dirixido ao profesorado de centros de Educación Infantil para que poidan empregar o material creado co seu propio alumnado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...