
Noia acolle esta semana un festival solidario de HabaNoia co obxectivo de unir música e vontade de axudar. O certame celebrase este venres 9 de outubro, ás 21:00 horas no o Coliseo Noela. Terá formato de concerto benéfico a favor de Cáritas Parroquial de Noia.
Para quen non o saiba, HabaNoia é un coro e grupo musical de Noia que se dedica principalmente a interpretar e rescatar habaneras e cancións tradicionais mariñeiras.
A agrupación colabora activamente en eventos benéficos e culturais na comarca e noutras vilas mariñeiras.
O grupo está composto por 14 integrantes, todos eles veciños e amigos de Noia.
O director musical é o mestre e profesor Alejandro Guillermo, quen tamén dirixe outras formacións corais de prestixio na comarca do Barbanza.
O nome de HabaNoia xunta o nome da vila de orixe dos seus compoñentes co termo habaneras, as cancións tradicionais que son a especialidade e o selo musical do coro. Estas composicións naceron en Cuba no século XIX e foron traídas de volta polos mariñeiros e emigrantes españois.



