Ribeira superou o reto de Ecoembes para a recollida de envases do contedor amarelo

17 Maio 2021

Ribeira superou finalmente o reto da entidade ambiental Ecoembes para conseguir que os concellos aumentasen un 10% a recollida de envases no contedor amarelo. O desafío, que inclúe unha recompensa de 2.000 euros (para entregar a unha organización social de elección de cada Concello), foi lanzado para un prazo de tempo comprendido entre febreiro e abril, co obxectivo de comparar a taxa de recollida lograda coa do mesmo período o ano anterior. Ribeira foi un dos nove municipios galegos que foron quen de superar a proba.

A primeira tenente de alcalde de Ribeira, María Sampedro, desprazouse a Sanxenxo o pasado venres ao acto de entrega dos correspondentes cheques, que contou coa presenza da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta, Ángeles Vázquez. A delegación ribeirense de Cruz Vermella será a entidade á que se destine a citada contía económica coa fin de contribuír aos seus fins.

Os outros oito concellos distinguidos foron Arteixo, Lalín, Ourense, Ponteareas, Porriño, Sanxenxo, Tui e Viveiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.