Ribeira mellora a súa Administración Electrónica para facilitar as xestións dos veciños co Concello

04 Maio 2021


O Concello de Ribeira traballa de cara a unha transformación dixital a través da licitación do desenvolvemento e posta en marcha de novos servizos de Administración Electrónica. Isto permitirá unha maior comodidade dos cidadáns nas súas xestións co Concello. A iniciativa está co-financiada nun 80% co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Ana Barreiro Rego, concelleira de administración e innovación tecnolóxica, explicou as grandes liñas deste conxunto de actuación, que abranguen diversos aspectos: simplificación de trámite, menos gasto de papel, novas prestacións como solicitude de citas ou seguimento de queixas e suxestións, etc.
Así, no anuncio deste 4 de maio, Barreiro Rego enumerou dez melloras englobadas no expediente de contratación realizado ao longo dun ano e que vai a ser percibido polos cidadáns. As melloras, que se irán implementando nun máximo de seis meses a partir da adxudicación do contrato, e que se plasmaron no expediente, poderán verse
modificadas polas propostas dos ofertantes, e son as seguintes:
1- Unha nova sede electrónica, cun novo concepto no que esta sede non sexa unicamente un portal dentro da web.
2- Novos trámites con procedementos máis sinxelos para o cidadán.
3- Adoptar unha nova solución tecnolóxica para a presentación de documentos na Oficina de Atención Cidadá que vaian dirixidos a calquera administración a través do sistema de interconexión de rexistros (SIR), o que permitirá suprimir os envíos de papel de administración a administración ao xerar copias auténticas electrónicas da documentación presentada.
4- Propiciar a acreditación de representantes ou apoderados a través da Plataforma do Estado.
5- Posibilitar a interconexión coa Plataforma de Intermediación do Estado, de tal xeito que cando un cidadán inicie un trámite non teña que aportar a documentación acreditativa: copia do DNI, AEAT, Seguridade Social, Dirección Xeral de Tráfico, etc…
6- Poder acceder á na nova sede electrónica autenticándose coa Cl@ve PIN, e non só co certificado dixital ou DNI electrónico como ata agora.
7- Poñer a disposición a carpeta cidadá Notific@ para que os cidadáns teñan nela todas as notificacións ou requirimentos que emita o Concello de Ribeira ou incluso outras administracións.
8- Xestionar a través da sede unha solicitude de cita cun departamento ou edil da Corporación ou con alcaldía.
9- Acadar unha solución tecnolóxica que permita a recepción, identificación e seguimento de avisos, queixas ou suxestións a través da web ou da aplicación móbil do Concello.
10- Dispoñer dun taboleiro edictal único, o que posibilitará acceder a todas as publicacións oficiais do Concello nun mesmo apartado da nova sede electrónica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.