Ribeira busca solucións para reducir a siniestralidade de viandantes e ciclistas nos pasos de peóns

13 Maio 2021

O Concello de Ribeira está decidido a atopar mecanismos que reduzan a siniestralidade de viandantes e ciclistas nos pasos de peóns e, con tal motivo e no marco do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) e na EDUSI “Máis Riveira Atlántica 2020” —financiada nun 80% polo FEDER no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España ( POPE)
2014-2020— vai efectuar unha consulta preliminar ao mercado coa que promover a participación de axentes e operadores relacionadas coa mellora da seguridade viaria.
Como primeiro paso, o salón de plenos da casa consistorial deu cabida a unha reunión na que participaron, entre outros, o alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Innovación Tecnolóxica Ana Barreiro, o xefe da Policía Local José Manuel Bretal, distintos técnicos municipais e expertos da empresa Silo (Science & Innovation Link Office), que prestará asistencia técnica á administración local durante o proceso consultivo.
Con esta consulta preliminar ao mercado (unha figura regulada no artigo 117 da Lei de Contratos do Sector Pública), a intención é reunir información que permita ao Concello de Ribeira a contratación adecuada dos sistemas de seguridade que incidan sobre unha redución da sinistralidade de peóns e ciclistas, como a priori poderían ser:

  • Sistemas de detección de presenza de peóns e iluminación,
  • Sistemas de detección de presenza de ciclistas e iluminación
  • Superficies de mellora da freada
  • Sistemas de detección de vehículos e alerta a peóns/ciclistas

No transcurso da xuntanza identificáronse distintos axentes sectoriais externos dos que se buscará a súa implicación (dende a Dirección General de Tráfico, a Axencia Galega de Infraestruturas ou a Dirección Xeral de Mobilidade ata organizacións como Stop ccidentes ou Ponle Freno), así como proveedores potencialmente susceptibles de ofrecer solucións innovadoras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...