Rematan as tarefas de extinción do incendio en JEALSA

10 Maio 2021


Os bombeiros de Boiro deron por finalizadas este luns as tarefas de extinción do incendio que afectou á conserveira Jealsa.

Incendio de Jealsa desde Vilagarcía na tarde do sábado. Joferpa

Segundo informa o 112 Galicia, os bombeiros da localidade manterán “unha constante vixilancia” da evolución do proceso de recuperación da fábrica afectada.

O lume, que se declarou o pasado sábado sobre as 14,30 horas na zona de conxelados, afectou a 11.000 metros cadrados e estendeuse á de cocción e procesado. O incendio obrigou a desaloxar por precaución a unhas 25 vivendas e a 60 veciños. Un amplo operativo, que incluíu drons e un camión ama de cría cunha capacidade de 12.000 litros de auga, púxose en marcha tras o lume. Foi necesario activar o plan territorial de emerxencias ( Platerga) ata que o domingo deuse por controlado o lume.

Pola súa banda, a dirección de Jealsa garantiu que “coa axuda de todos” continuará cos seus “compromisos con clientes e consumidores”. “Todos os nosos centros de produción no mundo permanecen a pleno rendemento, poñendo en marcha as accións necesarias para superar esta situación, que estamos seguros uniranos aínda máis como empresa e equipo humano”, recalca a compañía conserveira.

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, realizou unha visita esta tarde de luns á factoría para coñecer a situación tras o lume. Por outra banda UXT mostrou este luns, nun comunicado, a súa solidariedade cos traballadores de Jealsa, á vez que ofrece a súa colaboración e apoio a un dos grupos conserveiros máis importantes de Galicia.
Pola súa banda, o Goberno central púxose “a disposición” de Jealsa. Segundo informou a Secretaría Xeral de Industria a través de redes sociais este luns, está en contacto coa dirección da compañía tras o incendio. “Ánimo e apoio para recuperar a actividade canto antes”, subliñou.

Outros artigos

En Ribeira a rapazada de Banda ó Río estrea un novo parque infantil

O barrio ribeirense de Banda ó Río estrea hoxe un parque infantil completamente renovado. O goberno local, xunto cun bo número de veciños e veciñas, puideron comprobar as novas instalacións de xogo. O investimento para actualizar o Parque de Pedra Pateira ascendeu a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión