Presentada a travesía náutica xacobea Navega o Camiño

18 Maio 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou este 18 de maio na presentación da travesía náutica xacobea Navega o Camiño, que se vai celebrar entre os días 11 e 19 de xuño e constará de sete etapas nas que os barcos participantes pasarán por 15 dos 30 portos deportivos vencellados coa ruta marítima a Santiago.

Rosa Quintana, acompañada pola presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, presentará antes os medios a travesía náutica xacobea Navega o Camiño

A travesía comezará en Ribadeo, chegando a Padrón en catamarán, logo de percorrer o treito xacobeo-marítimo da nosa comarca, e completando a pé o último tramo do camiño ata Santiago.

Rosa Quintana destacou a “oportunidade que supón o Xacobeo 21-22 para reactivar o sector náutico galego e que poida recuperar os niveis de actividade previos á alerta sanitaria polo coronavirus”. Na mesma liña, a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, afirmou que “Galicia é un destino seguro tamén por mar e que a rede autonómica de portos deportivos e instalacións náuticas adquire neste momento un valor estratéxico tanto para a promoción turística de Galicia como para a conmemoración do fito xacobeo”.

A travesía poderase realizar sen necesidade de inscrición, reservando soamente a praza de tránsito no porto no que se faga escala. Ademais, nesta edición está previsto que participen os barcos das entidades organizadoras, un barco de vela adaptado e coordinado pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e un barco oficial da Xunta de Galicia. Do mesmo xeito, nesta edición destaca a reivindicación do papel da muller na práctica náutica, xa que un dos barcos contará coa gañadora dunha medalla olímpica, Ángela Pumariega, que liderará unha tripulación composta maioritariamente por mulleres.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.