Outes acolleu a presentación da súa “Guía turístico-cultural”

22 Maio 2021

A Casa da Cultura de Outes acolleu este sábado 22 de maio a presentación da reedición da Guía turística de Outes-. Durante o acto interviu o autor da obra e presidente da ACC Terra de Outes, o historiador Xoán Mariño, o escritor Xan García e o alcalde da localidade Manuel González.

A obra é a reedición corrixida e ampliada doutra “Guía turística de Outes” que o propio autor elaborara por encargo do entón concelleiro de cultura, Manuel Castro, en 1991 e que tivera unha notable acollida entre o público ata o punto de se esgotaren en pouco tempo a totalidade dos exemplares publicados; uns anos despois foi reeditada con algunhas ampliacións pola Asociación de Empresarios de Outes, co mesmo éxito.

Nesta ocasión a revisión consistiu en eliminar presentación, datos de situación, clima, poboación e o apartado enteiro de economía, para deixar espazo a maiores textos de historia, sobre todo contemporánea, arte, co engadido de hórreos e muíños, que non estaban presentes antes, e literatura, coa colaboración de Ramón Blanco, para actualizar datos sobre Añón e engadir referencias aos restantes poetas de Outes. Tamén se modificaron os apartados de hospedaxe e gastronomía para incluír neles todos os establecementos hostaleiros nos cales é posible desfrutar da estancia, os produtos e os servizos máis esixentes.

Xoán Mariño, o autor, o alcalde Manuel González e o escritor Xan García, durante o acto. Joferpa

24 páxinas de información turística (praias, rutas, restaurantes…), pero tamén un repaso ao máis destacado do patrimonio cultural (igrexas,retablos, pontes, escritores…) para ofrecer un motivo de orgullo aos propios habitantes de Outes, que a miúdo descoñecen o importante legado histórico e artístico dos devanceiros. Complétase a guía con gardas en que, ademais dalgúns deseños do pintor Alfonso Costa e un mapa, na contraportada interior, se incorporan uns códigos QR que permiten acceder a senllas versións en castelán e inglés do texto impreso, integradas na web www.terradeoutes.com.

Grupo local que actuou durante a presentación da guía

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.