Outes abre o prazo de inscrición para o seu Campamento de Verán 2021

21 Maio 2021

O Concello de Outes abriu o prazo de inscrición para o seu Campamento de Verán 2021, unha medida encadrada no programa Outes Concilia para achegar alternativas de lecer ás familias durante o tempo de vacacións. Desenvolverase nas instalacións do edificio autónomo CEIP Plurilingüe de Outes. As inscricións poden presentarse desde o 24 de maio ao 4 de xuño de xeito telemático, a través da sede electrónica do Concello, ou de xeito presencial no Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Outes, solicitando cita previa no número de teléfono 981 850 949, en horario de 9:00 h a 14:00 h de luns a venres.

O campamento está dirixido as familias con menores de 3 anos (escolarizados) a 16 anos e contará con prazas limitadas.

Esta iniciativa de lecer para o verán, tal e como apuntou a concelleira de Igualdade e Benestar Raquel García, enmárcase na aposta do actual Executivo local pola conciliación e abranguerá desde o 23 de xuño ao 7 de setembro. “Está pensado ademais como unha actividade que combina actividades de aprendizaxe activo e lecer, prioritariamente ao aire libre”, sinala a edil, engadindo que a maiores “están previstas excursións e visitas polo concello” e, de feito prevese repetir a saída que o ano pasado fixeron os rapaces no barco Joaquín Vieta pola ría do Freixo.

Poderanse elixir as quendas que se necesiten, quedando distribuídas da seguinte maneira:

-1ª quenda: do 23 de xuño ao 2 de xullo

-2ª quenda: do 5 de xullo ao 16 de xullo

-3ª quenda: do 19 de xullo ao 30 de xullo

-4ª quenda: do 2 de agosto ao 13 agosto

-5ª quenda: do 16 de agosto ao 27 de agosto

-6ª quenda: do 30 de agosto ao 7 de setembro

A primeira e sexta quenda terá un custe de 30€ por neno/a e o resto de quenda terán un custe de 40 € para as familias, se ben se prevén exencións para aquelas

O horario de funcionamento do campamento será de 8:00 a 16:00 horas. As familias poderán facer uso do servizo en función das súas necesidades permitindo a entrada e saídas flexíbeis. As nenos/as teñen opción de almorzar e xantar no campamento, sendo as familias as encargadas de aportar os alimentos, en termos e neveiras. O desenvolvemento do campamento realizarase “seguindo un estrito protocolo de seguridade adaptado as circunstancias que se están a vivir debido a COVID-19”, explicou o Concello.

Outros artigos

O BNG presenta en Noia as súas candidaturas municipais para 2027

O BNG da comarca da ría de Muros e Noia dará este domingo, 20 de setembro, o primeiro paso dun novo curso político coa mirada posta nas eleccións municipais de 2027, coa presentación das persoas que encabezarán as candidaturas nacionalistas nos concellos de Lousame,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.