Os socialistas de Ribeira avogan por elaborar un estudo que determine a xestión máis óptima do aparcadoiro do Centenario

18 Maio 2021

O grupo socialista de Ribeira vén de presentar unha proposta para ser debatida en pleno relativa ao aparcamento do Centenario, situado a carón da praza mesmo nome. Segundo indica o PSOE local, a xestión que a empresa concesionaria destas instalacións (a empresa Proinsa, responsábel da xestión até a súa entrada en concurso de acredores, en 2011, ano partir do cal as instalacións pasaron a mans duns administradores concursais) desenvolveu ao longo deste tempo “non foi nin eficiente nin efectiva”, extremos que “acabaron provocando que o servizo prestado non fose do agrado dos usuarios, nin do Concello”.

Os socialistas engaden que os problemas de xestión acabaron reflectíndose na “patente degradación do ben inmóbel, con grandes deficiencias na seguridade viaria e falta de sinalización de itinerarios”. O grupo que coordina José Vilas tamén pon o foco nas eivas estruturais, “con mancheas de goteiras, esconchados de pinturas, cristaleiras rotas, insuficiente recollida de augas pluviais, deficiente uso do ascensor, e da instalación de rexeneración de aire, ventilación de fumes e gases, etc”.

mde

O PSOE local recorda que o estacionamento do Centenario consta de tres andares soterrados con 152 prazas de aparcamento cada un, o que fai una cantidade total de 456 prazas. Tamén lembran que “dende primeiros de mes, o Concello de Ribeira fíxose cargo das instalacións do aparcadoiro, ao quedar a concesión extinta por lei, amais de que o parking non estaba cumprindo coas esixencias do prego de condicións asinado, nin coas necesidades da veciñanza ribeirense”. Isto, recordan, abre agora un período de dous meses, no que os técnicos municipais realizarán una valoración actualizada das instalacións, para sentar as bases dun posíbel acordo cos administradores concursais, a Sareb e Proinsa. “Do resultado das negociacións e dos acordos acadados sairá a elección do modelo de xestión”, explican os socialistas, que opinan que o aparcamento “necesita un lavado de cara e modernizarse, xa que pouco ou nada mudou dende o día da súa inauguración”.

Por estes e outros motivos, o grupo solicita o seguinte na súa proposta:

1.- Que por parte do Concello se proceda a formulación dunha memoria para determinar a mellor forma de xestión do aparcadoiro público do Centenario, e a súa elevación ao pleno para a súa toma en consideración.

2.- Que a memoria a realizar conteña informes que recollan o: 1) aspecto social, 2) xurídico, 3) técnico, 4) económico-, sobre o modelo de xestión do aparcadoiro do Centenario, baseados en criterios de eficiencia e sustentabilidade económica.

3.- Se se determina o beneficio da xestión directa do servizo, que se proceda por parte da Administración local á constitución dunha entidade pública empresarial local, ou sociedade mercantil local para a xestión do aparcadoiro.

4.- Que se proceda, de ser o caso, a redacción da oportuna ordenanza reguladora.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.