Os estacionamentos públicos de Boiro amplían o seu horario de xeito gratuíto para fomentar o consumo na hostalería

10 Maio 2021

O Concello de Boiro anunciou este 10 de maio que vai ampliar o horario de apertura dos estacionamentos públicos para fomentar o consumo na hostalaría tralo remate do estado de alarma e a relativa volta á normalidade do sector (tamén en cuestión de horarios).

Deste xeito, o aparcamento municipal da Praza de Galicia estará aberto dende as 7:00 horas ata as 23:00 horas de xeito ininterrompido pero, a partir das 15:00 horas será gratuíto. O aparcamento de A Boqueira de A Negral vai ampliar o seu horario e estará aberto de forma ininterrompida entre as 10:00 e as 22:00 horas, de xeito totalmente gratuíto.

Con esta medida o Concello de Boiro pretende “ampliar o servizo que prestan os aparcamentos municipais para o comercio e a hostalaría, adaptando os horarios de apertura ao horario de verán dos comercios e tamén ao novo horario de peche dos bares unha vez finalizado o estado de alarma”.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.