Os bares sen licenza de restaurante que sirvan comida poderán abrir xa este venres ata a unha

21 Maio 2021


Os bares sen licenza de restaurante que sirvan comida en Galicia, como os mesóns e as taperías, poderán abrir xa este venres ata a unha. Así o ratificou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que a Asesoría Xurídica da Xunta ultima unha orde para evitar que no que resta desta xornada haxa “un solapamento de normas”.

Ampliar os horarios neste segmento da hostalería e igualar o horario aos restaurantes foi un dos principais acordos que saíu do comité clínico que se reuniu este xoves. O problema é que, en principio, a previsión era que as novas directrices do consello de expertos que asesora á Xunta desde que arrincou a pandemia entrasen en vigor o sábado ás 00,00 horas. Isto supoñía que este venres este tipo de locais hostaleiros podían atoparse coa obrigación de pechar ás 23,00 horas, aínda segundo a norma en vigor, e a partir das 00,00 horas, de acordo coa nova orde, estarían habilitados para reabrir ata a unha.
Para evitar “o solapamento” de normas e evitar “inconvenientes” na “interpretación correcta” das novas directrices sanitarias, o presidente galego ha recalcado que se articulará unha solución xurídica adecuada, que quedará ratificada na orde do Diario Oficial de Galicia (DOG) que deberá saír nesta mesma xornada. Así este venres poderase pechar á unha da madrugada sempre que se cumpra coas obrigacións pertinentes, como ter sistemas de medición da calidade do aire e un rexistro dos clientes que acudan a cear e con reserva previa –medidas que ata o de agora tiñan que cumprir os restaurantes.

Outros artigos

O alumnado do Tahume XI mellora novos espazos públicos de Ribeira

O Obradoiro de Emprego Tahume XI, impulsado polos Concellos de Ribeira e O Porto do Son, continúa avanzando con traballos en novos espazos nos dous termos territoriais da nosa comarca. No caso de Ribeira, o alumnado do certificado profesional de Actividades auxiliares...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.