O Real Club Náutico Portosín organiza na ponte das Letras Galegas o XIV Memorial Alejandra Fernández de Láser

06 Maio 2021

A ponte do Día das Letras Galegas vai achegar aos seareiros da vela unha serie de días a marcar no calendario. En concreto, celebrarase o XIV Memorial Alejandra Fernández de Láser, o preámbulo do Campionato de España ILCA Máster (programado para as aulas da Ría de Muros e Noia entre o 3 e o 6 de xuño). A cita desta ponte festiva, que se desenvolve entre o 15 e o 17 de maio, vén da man do Real Club Náutico de Portosín. Enmárcase no Trofeo Berberecho.

O Memorial disputarase en formato open, é dicir, aberto á participación nacional e internacional, o que en palabras do Club de Portosín “incentivará a presenza de regatistas doutras localidades españolas e do resto do mundo, como a confirmación de representantes do veciño país de Portugal”. Segundo informa Fernando González, comodoro do Real Club Náutico de Portosín, “para nós a organización do campionato galego da clase ILCA é unha responsabilidade pero sobre todo unha oportunidade para pór a proba a nosa capacidade organizativa pensando en que, un mes despois, temos o campionato de España Máster da mesma clase, con 70 regatistas dun gran nivel no noso club”.

Respecto ao Campionato de España ILCA Máster, o club vén de dar a coñecer a presidencia do comité, que correrá a cargo do leonés Ángel Puente, así como o oficial principal da regata, o coruñés Alberto Bolívar; o medidor, o tamén coruñés Miguel Cons; e os vogais do comité, o leonés, José Ángel Rodríguez, e o pobrense, Sergio del Río.

A día de hoxe, a listaxe de inscricións xa ofrece unha cifra superior ao medio centenar de regatistas, dos que 32 corresponden á categoría ILCA 6 e 21 ao ILCA 7.

Sumando adestradores, acompañantes e equipo de organización, Portosín prepárase para albergar a preto de 200 persoas que comporán a estadía na vila, sendo “un extraordinario empurrón para a economía local”, sinalan dende o Club Náutico.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.