O Real Club Náutico de Portosín consegue unha brillante convocatoria no XIV Memorial Alejandra Fernández – Trofeo Berberecho de Láser

O Real Club Náutico de Portosín prepárase para recibir a máis de 60 regatistas que representan a 15 entidades náuticas de Galicia logo do éxito para celebrar o que será o XIV Memorial Alejandra Fernández – Trofeo Berberecho de Láser.

Esta mañá o salón principal do Real de Portosín acolleu a presentación da regata, nun acto que ao acudiron o comodoro, Fernando González, acompañado polo concelleiros de Deportes e Turismo do Concello de Porto do Son, Juan Pouso e Manuel Dean, e o vicecomodoro, José García.

Así, a Ría de Muros e Noia acollerá a cita velística durante tres xornada, do 15 ao 17 de maio, coincidindo coa ponte do Día das Letras Galegas. A competición acollerá aos titulares do cetro autonómico en cada unha das tres categorías, un trofeo moi valioso para cada unha das emblemáticas escolas de vela de Galicia. Na zona do Barbanza destaca a participación do anfitrión Real Club Náutico Portosín. Ademais acudirán á cita o Club Náutico de Sanxenxo, o de Vigo, o da Coruña ou a Comisión Naval de Regatas da Armada Española en Ferrol, entre outros moitos.

Fernando González quixo aproveitar o acto de presentación para comentar que están “moi satisfeitos coa gran participación. É importante agradecer aos patrocinadores, así como ao Concello a súa colaboración para que todo o mundo desfrute unha gran regata”.

O inicio da competición está programado para as 14 horas do sábado 15, que disputarán os regatistas galegos e tamén de Viana do Castelo, veciños de Portugal. As etapas restantes comezarán ás 11 da mañá co obxectivo de rematar a xornada vespertina coa entrega de premios, que será ás cinco da tarde.