O presidente da Deputación e o alcalde de Boiro achegan o seu apoio a JEALSA e enxalzan o traballo dos bombeiros

14 Maio 2021

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e máis o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, visitaron na mañá deste 14 de maio a sede de JEALSA para ofrecer o seu apoio incondicional á empresa conserveira tras o duro revés do incendio da súa planta de Bodión acontecido a pasada fin de semana. González Formoso púxose a disposición do persoal e do equipo directivo da empresa para “afrontar o reto da reconstrución”. Ofreceu o apoio da Deputación da Coruña “ante calquera trámite”.

torrecilla@torrecilla.net

Durante a súa estadía en Boiro destacou tamén “o gran traballo dos bombeiros de Boiro e Ribeira”, pertencentes ao Consorcio Provincial Contraincendios, “nas tarefas de extinción do lume nunha fábrica fundamental para a socioeconomía de toda a comarca e de Galicia”.

torrecilla@torrecilla.net

Valentín González foi recibido na conserveira polo presidente de JEALSA, Jesús Manuel Alonso Escurís, que agradeceu o traballo de quen “estivo loitando contra as lapas”, así como o apoio das institucións, empregados, clientes e veciñanza de Boiro

Na visita ás instalacións tamén estiveron presentes o deputado da área de emerxencias, Blas García, o portavoz do Goberno provincial, Bernardo Fernández, e representantes dos bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios.

Novos investimentos

“Nesta visita atopámonos cunha dirección e un cadro de persoal francamente motivados para afrontar o reto de reconstrución e agora, desde as administracións temos que axudar cos novos investimentos que sexan necesarios”, informou González Formoso, que ofreceu ao presidente de JEALSA o apoio provincial. “Desde a Deputación xogamos un papel importante, de unión entre diferentes administracións e de ponte coa Xunta de Galicia e o Goberno do Estado, para que isto sexa un campo de acordo e consenso onde axudemos a reconstruír esta instalación da que nos sentimos moi orgullosos”, sinalou o presidente provincial, Valentín González Formoso.

Pola súa banda, o alcalde de Boiro tamén puxo a disposición a axuda do Concello en todo o necesario “como non podía ser doutro xeito”, incidiu, e engadiu: “Xa estabamos aí tanto no día do incendio como agora, axilizando os trámites que nos estaban pedindo e que dependen do Concello”.

O presidente de JEALSA, Jesús Manuel Alonso Escurís, tamén agradeceu o apoio “aos medios que estiveron informando, ás autoridades que nos están animando e facilitando todos os trámites, aos empregados polo seu traballo, aos clientes, aos provedores e aos veciños”. Na súa intervención indicou que agardan que a planta se poña en marcha nun prazo máximo dun mes desde o incendio. Tamén informou de que en non máis de 3 meses estará en funcionamento unha fábrica de lombos de atún e “o gran reto de arrancar este recinto coas instalacións novas en non máis alá dun ano”.

torrecilla@torrecilla.net

O presidente da Deputación, o alcalde de Boiro e o deputado responsábel de emerxencias tamén se achegaron na súa visita ao municipio ao parque de bombeiros de Boiro, onde foron recibidos polo xerente do Consorcio Provincial Contraincendios, o sarxento do parque boirense, Francisco Sampedro, e o suboficial Mauricio Calvo. No encontro salientaron o labor que fixeron os bombeiros de Boiro e Ribeira na extinción do incendio nas instalacións de JEALSA. “Estamos a falar dun incendio que podería arrasar a maior conserveira a nivel nacional e a segunda a nivel europeo”.

Pola súa banda o deputado responsábel de Emerxencias, Blas García, que se achegou o día do incendio para ofrecer axuda institucional, enxalzou “a importancia de atender ás necesidades dos bombeiros” e sinalou que “na medida do posíbel, pola parte que nos toca e nos compete desde a Deputación, axudaremos a mellorar os medios materiais e persoais dos que dispoñen”.

O alcalde de Boiro agradeceu á Deputación o seu compromiso co municipio, en especial ao presidente e ao deputado “pola preocupación que tiveron desde o primeiro momento” no incendio. Tamén puxo en valor o traballos dos “23 bombeiros que fixeron fronte ao lume”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.