O portosinense Javier Isidro lidera o galego en ILCA 7 co Seychelense Rodney Govinden ao mando do Trofeo Berberecho

16 Maio 2021

A meteoroloxía aliouse coa organización do Memorial Alejandra Fernández da clase Láser, tras un primeiro día no que nada se puido facer debido a unhas excesivas condicións de vento e que, pola contra, nesta segunda xornada
dominical, ofreceu un vento estable do 260, sueste, con 12 nós estables, que permitiu a celebración de catro mangas en cada unha das tres categorías, ILCA: 4, 6 e 7, permitindo a aplicación do único descarte do campionato.
Con esta premisa e, aínda cando na mar con todo respirábase certa inestabilidade debido á forte corrente que manaba da desembocadura do río Tambre e unha onda algo incómoda, resaca da borrasca ventosa do sábado, os 80 laseristas lograban completar con éxito este primeiro día hábil de competición, comezando os liderados provisionais do campionato galego nas súas respectivas divisións.
En ILCA 4, os máis novos de toda a frota, ponse na cabeza da xeral e do título galego o vigués Pablo Astiazarán, que navega baixo grímpola do Real Club Náutico de Vigo. Séguelle, de preto, na posto prata, outro vigués, Mario Soares, do Club Marítimo de Canido, pechando o caixón do podio o coruñés Mauro González- Regueral, do Real Club
Náutico A Coruña.
En ILCA 6, faise co ouro provisional a marinense Claudia Sobral, do Real Club de Mar de Aguete, con 3 puntos de vantaxe respecto ao sanxenxino Diego Peleteiro, do Real Club Náutico Sanxenxo, que marcha segundo. Pecha o podio do galego, empatado co segundo, o coruñés Jorge Juan Tábara, do Real Club Náutico A Coruña. Marcha na cabeza
deste grupo no Trofeo Berberecho a letona do Riga Yacht Club, Elza Cibule.

En ILCA 7, os máis veteranos da competición, marcha na cabeza do galego o local Javier Isidro, seguido na segunda praza e terceira por outros dous representantes do Real Club Náutico Portosín, Daniel Álvarez e Miguel Reboreda, respectivamente. Con todo, o titular da clasificación xeral do Trofeo Berberecho é o Seychelense Rodney
Govinden, que gañou todas as mangas.
Mañá domingo dispútase a última xornada, con intención por parte do Comité da regata de chegar a validar outras catro probas. A entrega de premios está prevista ás cinco da tarde, nas instalacións do Real Club Náutico Portosín, con presenza de autoridades locais.

Outros artigos

O Son e Ribeira impulsan a XI edición do Obradoiro de Emprego Tahume

Tal e como confirmamos os días pasados dende este medio, o Concello de Ribeira será novamente beneficiario dunha subvención da Xunta (Consellería de Emprego, Comercio e Emigración) para desenvolver o Obradoiro Dual de Emprego Tahume XI, que dende os seus inicios...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.