“O pago ao esforzo” – Antón Luaces

26 Maio 2021

Armadores, organizacións profesionais, sindicatos e, obviamente, o propio sector pesqueiro reclaman desde vai tempo, un trato axeitado aos mariñeiros para evitar que lles afecte a pandemia do coronavirus.  Unha esixencia que resume moi ben o secretario xeral de CEPESCA, Javier Garat, cando dixo: “O pago ao esforzo dos pescadores na pandemia foi negarlles a vacina”.

Non sei se o termo axeitado é “negarlles”, mais a realidade é que nin o Goberno central, nin a Xunta, moveron un só dedo para situar aos mariñeiros no mesmo nivel de atención no que colocaron a outros profesionais considerados indispensables pola tarefa que desenvolven. Os mariñeiros levan meses de adiamento respecto dos demais membros desa grandísima familia de persoas que laboraron e aínda laboran a prol da saúde dos cidadáns e, loxicamente, a propia.

Traballadores da pesca e da mariña mercante reciben agora -quixera que non fose de xeito tardío- as doses que lles corresponden da vacina anti-virus axeitada á súa idade, após todas as reclamacións habidas e por haber. E a un, particularmente, gustaríalle saber o porqué, xa que logo vacinas disque as había. Un problema do Goberno central ou da Xunta?. Un problema compartido por ambos os dous?  Seguro que si.

A patronal pesqueira CEPESCA solicitou do Ministerio de Sanidade un plan específico para 45.000 traballadores (de pesca e de mariña mercante) polas particularidades do labor que realizan. E aínda tardaron un mes en comezar en Galicia a vacinación sendo como é a máis importante comunidade pesqueira de España e, sen embargo, a última en recibila.  Por que, a que se debe, que escusa xustifica o atraso se eran -e son- traballadores esenciais? A propia CEPESCA deu a coñecer a posibilidade de que, de non seren vacinados os seus tripulantes, moitas embarcacións puideran ter quedado amarradas ao porto.

Que a Unión Europea ignore que o traballo a bordo dos pesqueiros implica que o persoal comparta espazos moi reducidos nos que a transmisibilidade é moi, moi posible, e que na pesca de altura, debido ós longos períodos de tempo no mar existen serias dificultades para vacinar aos tripulantes en base á planificación gobernativa, non se pode entender; pero aínda menos se entende nun país como Galicia, que ten á pesca e á mariña mercante coma eixes da súa economía e unha sementeira de postos de traballo da que se nutre. Xunto a algúns militares de alta graduación e sacerdotes con responsabilidades moi altas na católica España, e xa non digamos alcaldes e políticos que tamén se vacinaron pola vía rápida, chama a atención que aqueles que estiveron e están subministrando peixe para que a poboación non carecera desta materia prima tan necesaria, sexan os últimos da fila na atención que debía ser preferente polo simple feito da necesidade que, como persoas que tamén traballan para que os demais poidamos vivir, lles corresponde. É vergoñento, como xa dixo tamén vai semanas, a asociación AETINAPE. E por riba, ninguén deu a cara para explicar o por que. Unha iemisión ou un cesamento sería exemplarizante, non si?.  

Outros artigos

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

+

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

+

“Día das Letras, o valor da palabra herdada”. Alberto Barciela

Non é un cartel, nin un nome. A conmemoración anual do Día das Letras Galegas trascende o persoeiro celebrado, incluso a data, por festiva que sexa, para converterse nun referente da importancia cultural dunha lingua, dunha cultura, dun pobo. Un pode estar de acordo...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“50 anos dunha inmensa nube negra” – Antón Luaces

“50 anos dunha inmensa nube negra” – Antón Luaces

O accidente na ría da Coruña do petroleiro español "Urquiola"  vai 50 anos nunca será esquecido por cantos, aquel 12 de maio de 1976, tivemos que vivir -directa ou indirectamente- as consecuencias dun dos grandes desastres marítimos rexistrados en Galicia. E o do...

“Arredor das Letras (I)”.  Xosé Antonio López Silva

“Arredor das Letras (I)”. Xosé Antonio López Silva

É xa un tópico sinalar o que revela sobre Galicia ter escollido o 17 de maio como unha das expresións simbólicas da nosa identidade cultural. O país a falar de si mesmo a través da homenaxe a unha figura literaria. A literatura como cerne da vida pública e da propia...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.