O Consello Escolar Municipal de Boiro combaterá a fenda dixital entre as familias

26 Maio 2021

O Concello de Boiro celebrou na mañá deste 26 de maio a sesión de constitución do Consello Escolar Municipal, que colleu corpo formalmente logo de que se aprobase en sesión plenaria a súa composición e regulamento. A reunión estivo presidida pola concelleira de Educación, María Outeiral, e asistiron tamén o alcalde, José Ramón Romero, e a inspectora dos centros de secundaria, Isabel Senra.

A sesión comezou coa presentación das persoas que compoñen o Consello Escolar Municipal, formada por sete membros designados polo pleno da Corporación e que son dous directores/as de centros educativos, un representante das escolas infantís de Boiro, un representante das asociacións empresariais do municipio, un representante das asociacións deportivas, unha representante das asociacións de igualdade e un representante das asociacións culturais e xuvenís.

Están integrados tamén no Consello Escolar Municipal sete profesores/as dos niveis educativos correspondentes ao ámbito de ensino non universitario, catro nais e pais do alumnado e tres alumnos/as, ademais do propio persoal municipal do departamento de educación.

Na sesión abordáronse cuestións de interese para a comunidade educativa e demandas dos centros de ensino, como son a formación en novas tecnoloxías para as familias con dificultade no manexo de plataformas e aplicacións ligadas cos centros docentes, circunstancia (esta fenda dixital que separa uns fogares de outros) que se vai encarar cunha comisión de traballo en materia tecnolóxica.

Creáronse tamén equipos para outros temas que xurdiron, que son as cuestións nutricional-sanitaria, pedagóxica e cultural-formativa. As persoas que compoñen estes grupos comezarán a traballar antes da próxima convocatoria do Consello. Este foi constituído no ano 2012 e modificouse o regulamento en decembro de 2020 para “adaptalo ás necesidades actuais e integrar a todos os sectores implicados”. En palabras do Concello, este órgano é “o maior instrumento de participación na comunidade escolar, polo que está en condicións de ofrecer unhas perspectivas de interese xeral que axuden a clarificar para poder resolver os problemas que poidan xurdir na comunidade educativa”. Tamén é “unha ferramenta especialmente necesaria neste momento debido á situación que a COVID-1 deixa en materia educativa”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.