O Concello de Ribeira impulsa por segundo ano consecutivo os Bonos Concilia Campa Ribeira Verán 2021

27 Maio 2021

O Concello de Ribeira impulsa por segundo ano consecutivo os Bonos Concilia Campa Ribeira Verán 2021. Estas axudas contribúen a apoiar ás empresas de ocio radicadas no municipio, sobre todo nestes complicados momentos.

A Xunta aprobou este venres 27 de maio as correspondentes bases, que establecen unha dotación económica de vinte mil euros, (dous mil máis que o ano pasado). Os bonos contarán con dúas modalidades. A primeira será unha axuda de conciliación e poderana solicitar aquelas familias nas que ambos proxenitores estean traballando ou teletraballando. Tamén valerá para familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida. A segunda, consistirá nunha achega que poderá acadar ata un máximo do 50 % do custo do campamento, cun límite máximo global de 100 €/mes por participante; supoñendo unha axuda total máxima 200 € por participante.

Doutra banda, as familias numerosas poderán acadar ata un máximo do 60% do custo do campamento, cun límite máximo global de 120€/mes por participante; e supoñendo unha axuda máxima total de 240 € por participante. O resto de familias terán un bono de ata un máximo do 50 % do custo do campamento cun límite global de 50 €/mes por participante, supoñendo unha axuda total máxima de 100 €.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.