O Concello de Boiro solicita a Abanca que manteña o caixeiro automático en Escarabote

21 Maio 2021

O Concello de Boiro vén de realizar unha nova solicitude á entidade bancaria Abanca para que manteña a actividade do servizo de caixeiro automático en Escarabote.

Malia todos os esforzos e as peticións feitas pola veciñanza co total apoio do Goberno local, a entidade segue adiante coa súa decisión de pechar a sucursal que mantiña na parroquia de Lampón, onde viña dando servizo a un volume importante de poboación, moita dela xente maior que non dispón dos coñecementos precisos para facer uso da banca online nin tampouco para achegarse ao centro de Boiro con total comodidade e seguridade. Debido a isto, o Concello solicitou o mantemento do caixeiro.

Así nolo explican fontes do Goberno boirense: “A oficina que a entidade bancaria tiña no lugar de Escarabote vén de pechar de xeito inminente, desoíndo tanto as reclamacións da veciñanza de Lampón e das persoas usuarias como das peticións realizadas dende o Concello de Boiro, e privando á veciñanza da parroquia deste servizo esencial e obrigando ás persoas usuarias a desprazarse a outras entidades para realizar as súas xestións cotiás; por este motivo solicitamos a Abanca que manteña un caixeiro automático da entidade en Escarabote que permita levar a cabo á cidadanía xestións básicas como poden ser a retirada de efectivo ou pago de recibos sen necesidade de desprazarse”.

Para o devandito, o Concello ponse a disposición da entidade para prestar toda a colaboración que sexa necesaria e os trámites que sexan precisos para manter este servizo no mesmo lugar no que se atopa ou nunha dependencia de carácter municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.