O Concello de Boiro mantén os contactos para evitar o peche de Abanca en Escarabote

10 Maio 2021

Os Concellos da nosa comarca seguen a apoiar á veciñanza nas súas reclamacións para evitar máis peches de sucursais de Abanca. Se os días pasados dimos conta das conversas mantidas polo Goberno de Ribeira cos responsábeis comarcais da entidade para demandar que continúen abertas as oficinas da Palmeira, esta fin de semana o Concello de Boiro confirmou que mantén contacto estreito coa entidade para garantir que prosiga o servizo en Escarabote, onde está previsto o peche da sucursal. O alcalde, José Ramón Romero, mantivo este venres 7 unha xuntanza co director territorial da entidade e tamén coa Asociación de Veciños de Lampón.

O Concello de Boiro transmitiu á entidade “a importancia do servizo que presta no núcleo de Escarabote” e “o prexuízo que ocasionaría o seu peche para a veciñanza da zona”.

Esta xuntanza únese á solicitude expresa do Concello elaborada previamente para solicitar a permanencia de Abanca en Escarabote. A maiores, José Ramón Romero reuniuse con representantes da Asociación Club de Xubilados e Pensionistas Aroña de Santiago de Lampón, que presentaron arredor de 600 sinaturas da veciñanza para solicitar á entidade que non peche a oficina situada neste núcleo do municipio.

Os membros da asociación comunicaron ao alcalde a convocatoria dunha manifestación prevista para este martes día 11 de maio, ás 12.00 horas, diante da entidade de Abanca en Escarabote para mostrar o descontento coa decisión de pechar a mesma. O alcalde mostrou o apoio do Concello e “toda axuda para evitar o peche”. Por ese motivo está previsto que no vindeiro pleno se presente esta solicitude da cidadanía con vistas a lograr o apoio de toda a Corporación municipal.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.