O Concello de Boiro e a Dirección Xeral de Comercio traballan para obter o selo mercado de excelencia

27 Maio 2021

O director xeral de Comercio, Manuel Heredia, estivo este xoves 27 de maio en Boiro para consolidar marcos de colaboración co Concello e a Asociación Boirense de Empresarios con vistas a revitalizar, impulsar e fortalecer a actividade económica local. Heredia visitou Boiro na compaña do alcalde José Ramón Romero, o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, o presidente da Asociación Boirense de Empresarios, Daniel García, e o xerente da patronal, Tomás Estévez.

Na xuntanza celebrada no Consistorio o rexedor e o edil expuxéronlle as liñas de traballo do Goberno local en materia de comercio para potenciar a reactivación económica do sector. Segundo lle trasladaron, os tres piares básicos e nos que o Concello traballa son o comercio local, o Mercado Municipal e o mercado semanal que se celebra os martes.

Durante a visita a Boiro, Manuel Heredia realizou unha visita ás instalacións do Mercado Municipal para coñecer as obras de mellora e tarefas de acondicionamento que o Concello está a realizar con vistas a conseguir o selo de mercado de excelencia. O obxectivo do Concello é “facer unha mellora nos servizos para integrar o mercado na vida social e comercial do municipio”, informaron o alcalde e máis o concelleiro

José Ramón Romero agradeceu ao director xeral a súa visita a Boiro e a súa posta a disposición para “o traballo en conxunto entre as administracións para que o Mercado Municipal acade o selo de excelente e mellore a atención e servizos aos clientes e consumidores”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...