O Concello de Boiro colabora con Anedia para concienciar e dar visibilidade á diabetes

25 Maio 2021

O Concello de Boiro comeza a colaborar coa Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes en Galicia (Anedia), co fin de traballar en conxunto á hora de realizar actividades que dean visibilidade á doenza da diabetes.

Así, as directivas de Anedia entregaron ao Concello exemplares das publicacións protagonizadas por Os Bolechas, Saben o que é a diabetes e Manuela é nova na escola. Medrando en Diabetes para dispoñer nas bibliotecas municipais.

O obxectivo principal das publicacións é concienciar e dar visibilidade ás principais barreiras coas que se atopan os nenos e nenas diagnosticados coa enfermidade. Por iso, o Concello e Anedia acordaron traballar en conxunto na programación e realización de actividades.

Outros artigos

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.