O Campionato de España ILCA Láser Máster reunirá as máis destacadas figuras da vela española

O Real Club Náutico Portosín acolleu este xoves 27 a presentación do que será un dos grandes eventos náuticos deste ano en augas galegas, estatais e internacionais: o Campionato de España ILCA Láster Máster, que reunirá algúns dos máis sobranceiros navegantes da vela do ámbito español. O evento, que será organizado polo Club Náutico Portosín, celebrarase entre o 3 e o 6 de xuño na Ría de Muros e Noia. Contará cun máis que relevante apoio institucional e empresarial, tal e como se destacou este xoves.

Segundo se fixo saber na presentación, o campionato é unha concesión outorgada pola Clase ILCA- International Laser Class Association, e incorporada al calendario oficial de competición de la Real Federación Española de Vela, baixo la tutela de la Real Federación Gallega de Vela.

O alcalde Luis Oujo na súa intervención na rolda de prensa

Na cita cos medios participaron o alcalde Porto do Son, Luis Oujo; a Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; os concelleiros de Deportes e Turismo, Juan Pouso e Manuel Dean, respectivamente; o delegado na Área do Grupo Gadisa, Román Roo; a responsábel de Marketing e Comunicación da Adega Paco e Lola, Laura Cachón; o patrón maior da Confraría de Pescadores de San Andrés, Isaac Gaciño; e os xerentes da Conserveira Sotavento, Argimiro Blanco e Pablo Pessoa. A rolda de prensa estivo conducida polo presidente do Real Club Náutico Portosín, Jorge Arán, e o seu comodoro, Fernando González.

Fernando González explicando os detalles do evento deportivo

Na cita fíxose saber que tralo peche do prazo de inscrición, o pasado 21 de maio, “grandes figuras da vela española confirmaron a súa participación”, o que se traduce en campións do mundo, continentais e olímpicos uníndose ao prestixio dos regatistas que en Galicia manteñen activo o nivel da modalidade e a súa promoción, sumando finalmente unha frota de 70 embarcacións, das que 41 pertencen á categoría ILCA 6 (anterior Radial) e os 29 restantes á ILCA 7 (antiga Standard). Neste elenco atópanse nomes como o do canario Josele Doreste, medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Seul en 1988.

A directora xeral de Turismo, Nava Castro

Na listaxe incorporáronse outros campións olímpicos, coma o catalán Miguel Noguer, ouro nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, xunto ao cántabro Jane Abascal, na categoría Flying Dutchman; o tamén catalán José María van der Ploeg, ouro en Barcelona 92 na clase Finn. Asemade estarán presentes outras sagas familiares, como as santaderinas dos Echavarri, na que figuran Carlos e Javier. Ou a das barcelonesas Azón, con Mónica, que foi bicampioa mundial na clase Yngling.

Jorge Arán, ante os medios de comunicación

Tamén estará o vigués Alfredo Vázquez, diploma olímpico nos Xogos de Barcelona 92, na clase Soling, tendo por compañeiros de tripulación a Fernando León e ao actual rei de España, Felipe VI.

Dentro da gran listaxe galega confirmaron a súa presenza, os coruñeses José Manuel Losada e Roque Viejo, os vigueses Antonio Gaona e Manuel Gestoso, ou os locais Javier Isidro (vixente campión galego) e Miguel Reboreda (titular do ranking autonómico) entre outros, e que tamén buscarán praza para o mundial.

O Campionato de España ILCA de Láser Máster está patrocinado polo Concello de Porto do Son, Turismo de Galicia, a través do Plan Xacobeo 21-22, a Confraría de Pescadores de San Andrés de Portosín, Gadis, Conservas Sotavento, Patatas Bonilla e a Adega Paco e Lola.