O Auditorio Mar de Vigo acolle o 16 de maio o tradicional Concerto das Letras Galegas do CCG

16 Maio 2021

O Auditorio do Mar de Vigo acollerá o tradicional Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega. Será presencial, o vindeiro 16 de maio, e poderase seguir en directo a través da web do CCG, e tamén emitirase a través da CRTVG, e no propio 17 de maio na segunda canle da TVG. O Concello de Vigo colabora na realización deste iniciativa que xuntará a experimentación musical de LauraLaMontagne e PicoAmperio coa poética de Xela Arias (1962-2003), figura á que se lle dedica nesta ocasión o Día das Letras Galegas.

As entradas do concerto serán de balde e pódense retirar desde xa a través da plataforma Teuticket.

En palabras do CCG, o Concerto das Letras Galegas é “unha aposta consolidada do Consello da Cultura para celebrar dunha maneira festiva o Día das Letras Galegas”, e este ano pretende “ser tamén unha homenaxe ás vangardas e aos novos creadores”.

A intención é “dar protagonismo aos máis novos, facendo que Xela Arias sexa coma unha ponte entre diferentes xeracións” asegurou a presidenta Rosario Álvarez na rolda de presentación desta cita, celebrada este 30 de abril. Canda ela, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou o carácter transgresor da figura homenaxeada e conectouno co “momento de fervedoiro que viviu Vigo en diferentes eidos como o sindical, laboral, cultural e musical e que marcou unha época”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.