O alumnado de O Pote II elabora almorzos saudábeis para as mulleres senegalesas residentes en Ribeira

20 Maio 2021

O alumnado do obradoiro de emprego O Pote (segunda edición) de Ribeira volve ser un exemplo de solidariedade. Desta volta, os responsábeis e integrantes do obradoiro organizaron unha actividade en colaboración con Cáritas Parroquial de Ribeira para a degustación duns almorzos saudábeis por parte dun grupo de mulleres senegalesas afincadas no concello que están recibindo clases de alfabetización impartidas pola devandita organización benéfica.

A realización dos almorzos veu da man do alumnos-traballadores do Programa de Emprego de Ribeira, da especialidade Operacións Básicas de Cociña, dirixido polo mestre Patxi Movilla.

A actividade levouse a cabo na Escola Municipal de Hostalería, sita no 2º andar do Edificio Mercado Municipal de Ribeira.

O obxectivo fundamental desta actividade foi, segundo reflicte o Concello, “achegar a estas mulleres e as súas respectivas familias uns aperitivos saudábeis, facendo entrega dos mesmos nas súas instalacións, sempre adaptándose á nova normalidade e gardando, en todo momento, as medidas hixiénico-sanitarias derivadas da situación actual da COVID-19”.

O Programa de Emprego O Pote II, que comezou o pasado 15 de novembro de 2020, ten programado realizar nas vindeiras semanas máis actividades con outras entidades de iniciativa social do Concello de Ribeira, tales como A Creba, Ambar, AGADEA, entre outras.

Trátase dun programa mixto de emprego e formación que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade do alumnado-traballador, neste caso, 15 mozos/as incluídas no ficheiro do sistema nacional de Garantía Xuvenil, que está promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e co-financiado pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.