O alcalde de Boiro recibiu ao novo tenente da Garda Civil no Concello

06 Maio 2021

O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, recibiu esta mañá na Casa Consistorial ao novo tenente da Garda Civil de Boiro, José Manuel Noal. O alcalde encargouse de darlle a benvida ao cargo e trazar as liñas de traballo conxunto en materia de seguridade no municipio.

O encontro, ao que tamén acudiu o oficial-xefe da Policía Local de Boiro, serviu para analizar a situación de Boiro e expoñerlle cales son as maiores preocupacións e cuestión a atallar en materia de seguridade que existen a día de hoxe.
José Ramón Romero aproveitou para desexarlle moita sorte no desenvolvemento do seu traballo e ofreceu a colaboración do Concello para manter a sintonía entre ambas institucións co fin de favorecer a seguridade da veciñanza. “É fundamental a colaboración entre as distintas forzas para mellorar a calidade dos servizos e garantir a
seguridade da veciñanza”, afirmou o alcalde.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.