Noia Histórica sorteou almorzos e homenaxeou a Breafast at Tiffany’s

12 Maio 2021

A asociación empresarial Noia Histórica celebrou o Día da Nai cunha orixinal proposta de portas abertas destinada a incentivar as compras ao tempo que se reivindicou a fidelidade da cidadanía cos establecementos de proximidade (tan necesaria nestes tempos de crise sanitaria e económica). A través desta nova campaña polo Día da Nai, Noia Histórica sorteou 20 almorzos entre as persoas participantes. As gañadoras e gañadores foron dados a coñecer o pasado 5 de maio a través do Facebook da patronal histórica de Noia.

A iniciativa acompañouse dun rechamante e singular cartel que foi unha homenaxe cinematográfica a Breakfast at Tiffany’s, a histórica película protagonizada por Audrey Hepburn.

A previsión é entregar os almorzos (valorados en 30 euros) nos domicilios das veciñas e veciños gañadores. Na iniciativa participaron 80 establecementos locais.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.