Na Pobra o Concello e Anedia organizan unhas xornadas sobre saúde e benestar

04 Maio 2021

A Concellaría de Sanidade da Pobra do Caramiñal e a Asociación Anedia organizan este mes unhas xornadas sobre saúde e benestar. Haberá catro coloquios impartidos por persoal experto no eido sanitario.

A edil de Sanidade, Patricia Lojo, sinalou que “este programa configúrase coa finalidade de achegar á veciñanza os coñecementos precisos para mellora-la súa vida”. Na mesma liña, a presidenta da Anedia, María José Rego, destacou que “estas charlas abranguen diversos aspectos, dende a alimentación ao exercicio físico”

A primeira das sesións transcorrerá o 7 de maio co relatorio Compra Con-Ciencia, descifrando as etiquetas dos alimentos a cargo de Marta Sanmartín Toimil, farmacéutica e nutricionista. Mónica Rodríguez Castaño, enfermeira de pediatría no centro de saúde da Pobra, impartirá Primeiros auxilios para nais e pais o día 14. O ciclo continuará o 21 de maio con Exercicio físico na diabetes mellitus tipo 2, que dará Manuel Genaro Gutiérrez Fernández, médico de familia da atención primaria. Por último, Marian Rodríguez Blanco, xefa de pediatría do Hospital da Barbanza, ofrecerá E ti que podes comer? o día 28.

Todas as sesións transcorrerán a partir das 20:00 horas no Auditorio do Museo Valle- Inclán. As persoas interesadas en asistir poden formalizar a súa inscrición de balde a través do teléfono de contacto: 681173484.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.