Na Pobra incorporadas tres novas actividades á celebración do Día das Letras Galegas

13 Maio 2021

Ó abeiro do Día das Letras Galegas, dedicado neste 2021 a Xela Arias, a Concellaría da Normalización
Lingüística da Pobra do Caramiñal, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), desenvolverá varias actividades que se concentran en dúas xornadas.
Así, no propio 17 de maio transcorrerá no Cantón da Leña, a partir das 12.00 horas, a Festa da Poesía, consistente na lectura dunha serie de poemas da homenaxeada. Xa pola tarde, ás 19.00 horas, procederase no teatro cine Elma
coa proxección do filme Lúa vermella, na cal o director Lois Patiño se inspira no universo mítico local e na figura real do chamado O Rubio de Camelle, un mergullador que rescatou máis de 40 cadáveres de náufragos perdidos no mar,
para desenvolve-la súa persoal linguaxe visual. Para esta última cita requírese a inscrición previa de balde no teléfono de contacto 685571058.
Finalmente, no 30 de maio, Polo Correo do Vento ofrecerá o contacontos ilustrado e musicado Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua.
Será no Cantón da Leña, ás 17.30 horas. Trátase dunha proposta pensada para o público máis novo coa finalidade de promove-la lectura, a comprensión oral en galego, o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística das crianzas.
Deste xeito, contarase e debuxarase simultaneamente a biografía da escritora. Seguiranse as medidas estabelecidas por mor da COVID-19. En caso de choiva, os actos previstos no Cantón da Leña trasladaranse ó teatro cine Elma.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...