Na Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico de Ribeira participarán 60 coches pertencentes a 10 marcas

20 Maio 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira vai organizar a finais de maio un importante evento dirixido a dinamizar a economía local logo das adversidades da pandemia, poñendo o foco nun sector que tamén se viu moi afectado polas restricións e o estado de alarma: o sector do automóbil, con gran presenza no concello de Ribeira. Trátase da segunda edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico.

Foi presentada este 20 de maio no Consistorio polo presidente da asociación, Francisco Martínez Gude, e o concelleiro de Comercio de Ribeira, Ramón Doval. O acto tamén contou coa presenza de Juan Rey, tesoureiro da patronal. Entre outras cousas, sinalaron que na feira participarán 60 coches pertencentes a 10 marcas. Tamén deron a coñecer o desfile de moda programado para o 30 de maio na praza do Concello, ás 18.00 horas.

II Feira do Automóbil

Celebrarase na praza de España, en Ribeira, durante os días 28, 29 e 30 de maio. O horario de apertura ao público será de 10.00 a 21.00 horas. Segundo informa a asociación, poderemos atopar vehículos de vangarda das principais marcas de automóbiles do mercado: Citroën, Toyota, Ford, Renault, BMW, Nissan, Mercedes, Kia, Hyundai e Peugeot.

As persoas interesadas nos modelos que se van presentar na feira, na que se porá o foco nos vehículos máis sustentábeis que se poden atopar nos concesionarios da nosa comarca (híbridos e eléctricos principalmente), terán ocasión de probalos e contarán, para coñecer todas as súas prestacións, coa axuda de persoal especializado.

A entrada será gratuíta.

Ribeira Fashion Show

No que se refire á primeira edición do Ribeira Fashion Show, celebrarase o domingo 30 a partir das 18 horas na praza do Concello e contará coa participación de vinte establecementos de diversos sectores, tales como moda, peiteados, deportes, óptica ou complementos. Tamén haberá control de aforo.

Francisco Martínez explicou que este programa “é o resultado de catro meses de traballo de Concello e asociación e quixo felicitar ao alcalde por nomear a Ramón Doval como concelleiro no ramo”. Tamén avanzou que “está previsto que o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, acuda ao certame feiral”.

Pola súa parte, Ramón Doval informou de que a iniciativa forma parte do proxecto Ribeira un mar de comercio, que foi seleccionado no marco dos Proxectos Singulares Orientados á Modernización Comercial do Programa de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista 2020, ao abeiro do cal o Concello e a Cámara de Comercio de España asinaron un convenio de colaboración cunha porcentaxe de co-financiamento mínimo do 80% de fondos FEDER.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.