Mil persoas convocadas este sábado para vacinarse no Barbanza. Os falecidos elevan a 2.401 as vítimas en Galicia

14 Maio 2021

Continúa a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza. No Hospital de Barbanza son convocados este sábado 1.000 veciños de idade comprendida entre 50-59 anos.

En Santiago son chamados na Cidade da Cultura máis de 7.000 (50-59 anos). No Hospital Clínico case 800 e no Hospital de Conxo: case 500.

En total na área sanitaria Santiago-Barbanza son citados este sábado case 9.300 persoas.

Este venres na área sanitaria estaban citadas preto de 1.000 persoas para vacinación. No Hospital Clinico: 500 ( de 70 a 79 anos) e no Hospital de Conxo: cerca de 500 (60 a 69 anos).

Por outra banda as autoridades sanitarias informaron de dous novos falecidos con covid-19 en Galicia e que elevan a 2.401 o total de vítimas da pandemia na comunidade autónoma.

En concreto, un deles tratouse dun home de 68 anos, que se atopaba ingresado no Hospital Vithas Vigo e que faleceu ao longo do xoves.

O segundo caso, rexistrado este venres, tratouse dunha muller duns 102 anos de idade, no Hospital do Salnés. Ambos presentaban patoloxías previas, segundo engade a Consellería de Sanidade.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...