Máis de 270 concellos galegos, xa están adheridos ao Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía

16 Maio 2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta que máis dun 85% dos concellos galegos, 271, están adheridos ao Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía, do que a Xunta é a coordinadora na Comunidade galega. Así, nos últimos meses rexistráronse máis de 30 novas incorporacións; ao pasar dos 235 concellos aos 271 actuais, aglutinando a preto de 2,2 millóns de cidadáns, un 80% da poboación actual.

Esta é unha das conclusións que arroxa o primeiro Informe de seguimento da Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050, presentado esta mesma semana no Consello da Xunta, e que pon de manifesto que con esta ferramenta Galicia acelera a redución de emisións, con máis de 317 millóns de euros xa executados de máis de 170 medidas recollidas ata o ano 2023.

A Comisión Europea puxo en marcha en 2008 o Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía, unha iniciativa aberta a todas as cidades e municipios da Unión Europea co obxectivo de involucrar ás autoridades locais e aos cidadáns na implantación das metas en materia de clima e enerxía. Para avanzar neste ámbito na Comunidade galega, a Xunta asumiu o papel de coordinadora desta iniciativa en Galicia e puxo en marcha a Oficina técnica de coordinación e asesoramento.

Co fin de axudar aos concellos neste reto, a Consellería convocou unha orde de axudas dirixida aos concellos para que elaboren plans de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACE), cos que planificar e adoptar medidas que apoien e mitiguen a loita contra o cambio climático desde a perspectiva local. As subvencións contribuíron xa de forma significativa á presentación de 175 PACE, nos que se identifican en conxunto 170 medidas que se van a implantar nos municipios adheridos.

Outros artigos

As festas do Carme dos Pincheiros contan cun Espazo Violeta

O Concello da Pobra do Caramiñal contará cun Espazo Violeta durante as festas do Carme dos Pincheiros 2026. O punto estará situado na praza do Alcalde Segundo Durán e permanecerá operativo durante catro xornadas das celebracións. O Espazo Violeta estará dispoñíbel o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.