Lousame lanza campaña informativa para facilitar á cidadanía o proceso de desfacerse dos seus móbeis e aparellos eléctrónicos

05 Maio 2021

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello de Lousame vén de lanzar unha campaña informativa para facilitar á cidadanía unha xestión cómoda e axeitada á hora de desfacerse dos seus aparellos eléctricos e electrónicos e, tamén, de mobiliario e obxectos voluminosos. A campaña, que pon o foco nas redes sociais e nos móbiles, inclúe material gráfico para informar á veciñanza de como desfacerse correctamente dos seus refugallos. O obxectivo: contribuír a evitar vertedoiros incontrolados e fomentar a reciclaxe e os hábitos sustentábeis.

Na campaña recórdase que cada 15 días os equipos técnicos proceden á recollida baixo demanda de móbeis, colchóns, xoguetes non eléctricos e outros elementos de gran volume.

O Concello explica que para facer uso deste servizo é imprescindíbel realizar unha solicitude previa a través do teléfono 981 191 240. A partir de aí, o persoal municipal fixará a data na que as persoas usuarias poderán depositar o obxecto na área de subministro máis próxima (ben pode ser a carón dos colectores ou na planta de Servia). A recollida efectuarase dúas veces ao mes.

O Concello engade que no caso dos aparellos eléctricos e electrónicos (como ben poden ser neveiras, lavadoras, secadoras, televisións, teléfonos, etc) e de pequenos residuos de obras domésticas, “estes serán recollidos no propio domicilio”. A este respecto, o servizo executa a recollida o segundo luns de cada mes e tamén é necesario facer unha solicitude previa a través do teléfono 981 820 494.

O concelleiro de Medio Ambiente, Ramón Martínez, sinalou que “é tarefa de toda a sociedade coidar o medio no que vivimos e, por tanto, temos que ser conscientes da importancia de reciclar e de facer un correcto uso dos servizos municipais de recollida”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.