Setenta persoas estrean as andainas polo Camiño da Ría de Muros Noia do Club de Xubilados de Lousame

01 Xuño 2026

Gran participación na primeira etapa das andainas polo Camiño a Santiago da Ría de Muros Noia que organiza o Club de Xubilados de Lousame, en colaboración co Concello lousamiá. Setenta persoas tomaron parte na primeira camiñada, que se celebrou este domingo 31 de maio entre Portobravo e Fontefría. Unha participación moi significativa, xa que a media de participación en anteriores edicións era de cincuenta persoas.

O tempo acompañou e foron moitas as persoas que se animaron a facer este percorrido de 13 quilómetros seguindo a beira do río Vilacoba ata San Xusto. A andaina estivo guiada polo técnico municipal de Deportes, Germán Romero, mentres que o técnico municipal de Voluntariado, Xosé Manuel Outeiral, pechaba a expedición, para que a xente puidera facer o percorrido ao ritmo que lles resultase máis accesíbel.

A pesar de ser a etapa tecnicamente máis complicada, polas características do terreo, os participantes acudiron perfectamente equipados e non houbo que lamentar incidencia ningunha. A etapa foi fiel á súa fama como unha das máis fermosas desta ruta xacobea tanto polas fermosas e continuas paisaxes de bosque de ribeira como polos elementos patrimoniais presentes (papeleiras de Brandia, mosteiro de Toxosoutos…) rematando nas fervenzas de Toxosoutos.

Próxima etapa

Por outra banda, o Club de Xubilados de Lousame abriu este luns 1 de xuño as inscricións na segunda etapa, que se celebra o domingo 7 de xuño, entre Fontefría e Bertamiráns. “É a etapa máis sinxela porque é practicamente chan ou con pendente descendente na súa maioría e xa se pode levar calzado normal porque vai por pistas forestais e asfalto”, puntualiza Germán Romero.

As inscricións están abertas no Club de Xubilados de Lousame, na páxina web www.bandoticket.com ou enviando un Whatsapp ao 653 22 16 55. O prezo por participar é de 5 euros, un prezo que serve para custear autobús para levar aos camiñantes do punto de encontro (a praza Teodomiro Hidalgo de Lousame) a Fontefría e para traelos de volta dende Bertamiráns.

Finalmente, o domingo 14 de xuño terá lugar a derradeira etapa entre Bertamiráns e a praza do Obradoiro, 14 km de dificultade media, xa que hai algunha pendente pero non moi pronunciada.

Outros artigos

Este xoves 11 teremos ceos con nubes altas e unha suba das temperaturas

Galicia vivirá este xoves 11, San Bernabé, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica, coa influencia anticiclónica e a entrada dunha masa de aire cálido procedente de latitudes inferiores. Agárdanse ceos con nubes altas, aínda que estas non impedirán o paso...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...