Javier Isidro, Claudia Sobral e Mario Soares proclámanse campións galegos da clase ILCA en Portosín

17 Maio 2021

O que en principio parecía un día no que a previsión meteorolóxica na Ría de Muros e Noia era de ventolinas
frouxas en intensidade e rolonas na súa dirección, converteuse nunha xornada extraordinaria para a navegación, cunha compoñente do suroeste que inxectou un vento estable en nós entre os 10 e os 12.
Con estas condicións puidéronse completar tres mangas, que sumadas ás catro da segunda xornada rexistraron 7 das que unha era o descarte ao peor resultado, un bo peche para esta cita náutica na que tomaron parte 80 regatistas dunha vintena de clubs galegos e portugueses, sendo campionato galego da clase ILCA para as categorías 4, 6 e 7.
O vigués Mario Soares, do Club Marítimo Canido, levaba o Trofeo do Memorial e o Campionato Galego Absoluto en ILCA 4, sendo Alejandra Peleteiro bronce no podio da xeral e campioa galega de 2021. A posto prata llo adxudicada o olívico Pablo Astiazarán, do Real Club Náutico de Vigo.
En ILCA 6 triunfaba o Real Club de Mar de Aguete, con Claudia Sobral de embaixadora, que fixo un gran campionato, adxudicándose o título absoluto no galego e o Memorial. Segunda foi a letona Elza Cibule, do Riga Yacht Club, sendo terceiro Diego Peleteiro, do Real Club Náutico de Sanxenxo, a quen lle outorgaba a placa de campión galego.

En ILCA 7, que pronto volverá á Ría de Muros e Noia para participar no Campionato de España ILCA Máster, do 3 ao 6 de xuño, distinguiuse ao vencedor do Memorial Alejandra Fernández que foi o Seycheliano Rodney Govinden, da Seychelles Yacht Association, que gañou practicamente en todas as mangas. Seguiulle no caixón do podio o
local Javier Isidro, do Real Club Náutico Portosín, campión galego na modalidade, pechando o caixón o tamén portosinense, Miguel Reboreda.
A entrega de premios celebrouse ás cinco e media da tarde, un acto que contou coa presenza do presidente do Real Club Náutico Portosín, Jorge Arán; o Comodoro, Fernando González; os directivos José García e José Antonio García; o concelleiro de turismo de Porto do Son, Manuel Dean; o presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel
Villaverde; o xerente de Bonilla, César Bonilla; o pai de Alejandra Fernández, Jorge Fernández; o presidente da Confraría de Pescadores San Andrés de Portosín, Isaac Gaciño; e o Secretario da Clase ILCA, Miguel Reboreda.

Outros artigos

Noia incorpora un novo axente da Policía Local

O pasado venres, o alcalde de Noia, Fran Pérez, participou na sinatura do contrato dun novo axente que se incorpora ao corpo da Policía Local, un axente que xa ten un amplo coñecemento da vila e da súa contorna tras realizar no municipio noiés o seu período de...

+

Noia Limpa recolleu 70 quilogramos de lixo na praia de Testal

Na mañá deste sábado 17 de outubro a asociación Noia Limpa levou a cabo unha nova xornada de limpeza da praia de Testal, no marco da XV Limpeza Simultánea de Praias promovida por ADEGA. Grazas ao traballo das persoas voluntarias, conseguíronse retirar un total de 70...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.