Incendio en Jealsa: os bombeiros tratan de manter as chamas lonxe dos depósitos de amoníaco

08 Maio 2021

19 horas. Os efectivos que integran o operativo de extinción posto en marcha a raíz do incendio declarado nas instalacións que a conserveira Jealsa ten en Boiro están a tratar actualmente de evitar que o lume afecte os depósitos de amoníaco e á zona de produción da factoría.

Así o transmitiu o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, quen este sábado desprazouse á zona para seguir a evolución do suceso. Alí compareceu ante os medios xunto ao director xeral de Jealsa, Cristóbal Valdés, para dar conta da situación. Segundo explicou Rueda, «uns 16 ou 18 vehículos» e «máis de 50 efectivos» participan nos labores de extinción das chamas, un suceso do que o CIAE 112 Galicia recibiu un primeiro aviso «sobre as 15.00 horas».

O vicepresidente primeiro informou que, nestes momentos, estase a actuar por «terra, mar e aire». Así, por terra efectivos estenden escaleiras para chegar ás naves que están a arder, mentres que os helicópteros arrefrían as cubertas das zonas nas que se rexistran chamas.
«Téntase salvar unha parte importante da fábrica», manifestou Rueda, que precisou que «se está atacando o lume desde fóra e tentando que non se propague» ás partes «sensibles». E é que, conforme sinalou, hai «dúas zonas sensibles» que son a área de «produción», así como a zona na que se sitúan uns depósitos de amoníaco ante o «problema engadido» desde o punto de vista ambiental que podería supoñer que estes ardesen.

O director xeral de Jealsa, Cristóbal Valdés explicou que ata o momento ardeu a «parte traseira» das instalacións, a zona de «expedición de peixe» mentres que a propia planta «non está afectada». Así mesmo, incidiu en que, nestes momentos, trabállase para protexer as zonas máis sensibles e atallar as chamas «canto antes», coa prioridade da protección dos traballadores e da contorna.
O alcalde boirense, José Ramón Romero, que se encontraba de viaxe e regresou inmediatamente á localidade informou de que a presenza de fume motivou que se decidise evacuar a varios veciños das vivendas máis próximas á zona, no lugar de Agüeiro. Ademais, o rexedor sinalou que xa se empeza a observar unha «melloría» na situación tendo en conta que o vento é «favorable» á extinción das chamas, aínda que se espera que esta situación meteorolóxica poida experimentar cambios nas próximas horas. (Axencias)

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.