Gadis regala 15 voces da nova poesía galega para celebrar o Día das Letras Galegas

14 Maio 2021


O libro xa se pode descargar gratis na web da empresa galega e a partir do sábado regalarase nas súas tendas

remitida

A compañía galega Gadis regala desde mañá, sábado día 15 de maio, unha recompilación poética que reúne textos de 15 autores contemporáneos, co título de 15 Voces da Nova Poesía Galega, no que tamén se inclúen obras de catro artistas plásticos e fotógrafos emerxentes galegos. Hai dispoñibles uns 30.000 exemplares, que se repartirán ata que se esgoten.

Gadis tamén distribuirá 60.000 bolsas de papel reciclado con textos de Xela Arias, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2021 e 30.000 marcapáxinas coa figura da poetisa.

Esta antoloxía poética foi seleccionada, editada e producida pola compañía de supermercados, unha iniciativa que se suma á que desenvolve cada ano ao converter as bolsas da compra nun vehículo cultural. Con prólogo da filóloga e ensaísta Chus Nogueira, forman parte do libro, entre outros, Andrea Nunes, Tamara Andrés, Lúa Mosqueteira, Helena Salgueiro, Xabier Xil Xardón, Rosalía Fernández Rial, Daniel Landesa, Celia Parra e Alba Cid.

A selección poética xa se pode descargar nunha web especial do supermercado. Ademais, poderase optar aos libros e bolsas de tea da edición participando nun concurso activo ata finais do mes de maio.

Gadis leva traballando na difusión da literatura en galego desde hai case 20 anos, coa edición impresa de máis de 360.000 exemplares de obras literarias na lingua de Galicia, ademais de colaborar en accións culturais ao longo do ano, entre elas o Dúatlon das Letras de Baio ou a carreira Camiño das Letras.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.