Este domingo celébrase o Trail Serra de Barbanza con saída e chegada no miradoiro da Curotiña

29 Maio 2021

O Trail Serra do Barbanza, oitava edición da Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal (que será á súa vez Campionato de Galicia Absoluto e das categorías sub-20, sub-23 e máster de Trail 2021) desenvolverase este domingo a partir das 10.30 horas, coa saída e a chegada no miradoiro da Curotiña.

Segundo informou o Concello, trátase dunha proba organizada pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Concello e da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, da cal deron conta representantes de cada unha das partes, e que se pode levar a cabo por estar federada.

Participarán máis de 200 deportistas que deberán percorrer unha distancia de aproximadamente 23’3 quilómetros, durante os cales haberá dous puntos de avituallamento, ademais do final na meta. As saídas realizaranse de dúas en dúas persoas, con intervalos de 20 segundos.

Establécense unha serie de premios e agasallos dos cales se fará entrega arredor das 14.00 horas.

A cita deportiva adscríbese á especialidade atlética do Trail-Running e estará baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

No transcurso deste evento contarase coa colaboración da Protección Civil pobrense e será de obrigado cumprimento en todo o momento o protocolo sanitario FISICOVID-DXTGALEGO.

A concelleira dos Deportes, Genoveva Hermo (Nós Pobra), destacou a beleza da paraxe pola cal deberán transitar os atletas e mailas atletas, e tamén asegurou que “é un pracer para o Concello da Pobra do Caramiñal participar na organización deste evento deportivo.”

Pola súa parte, o presidente da FGA, Isidoro Hornillos, anunciou que se introduce por primeira vez a clasificación por clubs e incidiu en que “vai ser unha proba absolutamente segura para tódolos participantes ao ter tódalas medidas necesarias.”

Na súa intervención, o presidente da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, José Moure, indicou que o circuíto se modifica “un pouco para así variar o traxecto respecto de anos anteriores”, ao tempo que buscan recuperar camiños antigos. Do mesmo xeito, salientou as características da ruta.

Así mesmo, houbo palabras mutuas de agradecemento entre as partes comparecentes, así como á comunidade de montes e á Protección Civil.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...