Esgotadas nun día as entradas da Romaría das Letras no Pazo de Goiáns

06 Maio 2021

Unha das actividades estrela do programa cultural do Concello de Boiro para celebrar este 17 de maio, a Romaría das Letras 2021, xa ten as entradas esgotadas.

A actividade, que vén da man da Concellería de Cultura e a Asociación Cultural Barbantia, cubriu todas as vacantes dispoñíbeis en só 24 horas. Malia que o aforo viña limitado, por mor das circunstancias sanitarias actuais, a organización destacou positivamente o interese da cidadanía por participar na Romaría (prevista para o luns 17 de maio no Pazo de Goiáns), unha cita referente para conmemorar os libros e a nosa cultura.

O acto constará de dúas actuacións de baile galego, de Aroña e Xilbarbeira, dúas presentacións literarias, das obras Xela Arias. Poeta e tradutora de Anxo Xoan Rajó Pazó, e Nus de Manuel Gago; e vai concluír cun concerto de Os Melidaos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...