En Ribeira comezan as obras de reforma e acondicionamento da envolvente térmica da Casa da Xuventude

12 Maio 2021

O Concello de Ribeira informa do inicio das obras para a reforma do interior e o acondicionamento da envolvente térmica da Casa da Xuventude.
Os traballos están sendo realizados pola empresa Marqués de Marancán, S.L.. Comportan un investimento de 251.680 euros, IVE incluído.
Situado no cruce entre a avenida da Constitución e a rúa do Estatuto e cunha superficie construída de 743 metros cadrados distribuídos en tres plantas, o proxecto inclúe a mellora das terrazas a través unha nova solución de illamento e impermeabilización, acabada en gres; mentres que para as fachadas adoptouse un sistema tipo SATE.
Ademais, todas as fiestras serán substituídas por outra de aluminio.
En canto ao interior do edificio, cambiaranse as portas de paso, afectadas pola humidade, sanearanse as caras interiores (intradós) das fachadas e efectuaranse reparacións nas instalacións de electricidade e fontanería que o precisen. O prazo de execución ascende a 8 meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.