En Palmeira ducias de veciños concentraronse este 17 de maio para impedir o peche da sucursal de Abanca

17 Maio 2021

Ducias de veciños de Palmeira concentrarons este luns 17 de maio, coincidindo coa data festiva do Día das Letras Galegas, para esixir o mantemento da actividade da sucursal de Abanca na vila.

A reivindicación celebrouse esta mañá organizada pola Plataforma Veciñal de Palmeira e o Club de Xubilados. está previsto o peche da oficina o próximo mércores 19. Pola súa banda o Concello de Ribeira pideu a Abanca que reconsidere a súa intención de pechar a oficina de Palmeira

Tal como publicamos en “obarbanza.gal”  o club de Xubilados de Palmeira xunto coa Plataforma Veciñal de Palmeira, convocaron nunha reunión celebrada na Casa do Mar da localidade, a tódolos representantes políticos do Concello de Ribeira e a os diversos colectivos sociais, culturais e económicos, representados por: a Sociedade Fillos de Palmeira, Caritas, as Confrarías de Pescadores e Mariscadores de Palmeira, o club de Fútbol de Palmeira e representantes do Comercio Local e da Hostalería, para expoñer e atopar, unha solución ante o tremendo impacto negativo, que vai ocasionar o peche da oficina de Abanca, programado para o vindeiro 19 de maio.
Como resultado da reunión, acordouse por unanimidade, presentar no rexistro unha moción para que se convoque pola vía urxente (xa que quedan poucos días de prazo para o peche) a un pleno extraordinario do Concello, onde se aproben as medidas que sexan necesarias para evitar dito peche, contando co apoio da totalidade dos grupos políticos con representación e máis de trescentas firmas recolleitas no pobo contrarias ó peche e a redución dos días de atención ó público de tan só tres días por semana.

20210517 manifestacion contra o peche de Abanca Palmeira. Remitida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.